Abertas as inscricións para un Curso sobre uso seguro de internet e TIC para educadores e adultos na Guarda
A Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos.
O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00h a 22:00h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.
Neste curso os pais e nais e educadores aprenderán cómo é o funcionamento básico de internet, para que coñezan de primeira man o uso que poden facer os alumnos e fillos e poder promover un uso seguro das novas tecnoloxías.
As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico cultura@aguarda.es ata o 15 de abril.
Tag:A Guarda, aula cemit, educación, novas tecnoloxías, tic