Aberto o prazo para a solicitude de prazas para o Plan “Depotermal 2016”
O departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda informa que está aberto o prazo para solicitar prazas para o Plan Termal “DEPOTERMAL 2016”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda informa que está aberto o prazo para solicitar prazas para o Plan Termal “DEPOTERMAL 2016”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañas seguidas (de luns a venres) nun Balneario da nosa provincia ou nun programa de pernoctación. Este ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico.
Destinatarios e requisitos dos mesmos:
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e cumpran algún dos seguintes requisitos:
-
Nacer antes de 1966, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) segundo o caso.
-
Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
-
Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.
O prazo de presentación das solicitudes, que se poden descargar na páxina web da Deputación http://www.depo.es/, finalizará o 13 de xullo.