Ábrese o prazo para inscribirse na última andaina o sábado 2 de novembro
O Concello da Guarda organiza a última andaina por Pontevedra. Esta vez, será polo Camiño de Taverneiro en Pazos de Borbén, cunha distancia de 14 km.
A data elixida para esta andaina é o sábado 2 de novembro, saíndo ás 9:00 horas e cunha hora estimado de regreso ás 17:00 horas. A inscrición estará aberta ata completar as prazas dispoñibles.
Para apuntarse pódese acudir á 3ª planta do Concello (Turismo), no teléfono 986 61 45 46 ou no correo electrónico turismo@aguarda.es. O prezo da andaina é de 17€/persoa.