(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • Actividades con motivo Día Internacional da Muller 2019 na Guarda

    Actividades con motivo Día Internacional da Muller 2019 na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller, Xerais
    • Date 21 Febreiro, 2019
    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.

    Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade»

    A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas “Barbies intervidas” coma protagonistas.

    Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos desde o mércores 7 de marzo ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da “muller obxecto” que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas “Barbie”, que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente.

    Pretende “romper” e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que “romper” e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

    “Rompe. Xoga en igualdade” consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a “Barbie” por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.Concentración Reivindicativa 8M

    A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar na xornada do venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.

    Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.

    Presentación Documental fútbol feminino

    Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade.»

    Que oss soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.

    O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.

    O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.

    Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.

    Tag:A Guarda, Actividades, Concentración, dia internacional da muller, Exposición, muller!

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda inaugura este venres a nova Casa do Concello
    21 Febreiro, 2019

    Seguinte nova

    Citas para a renovación do DNI na Guarda no segundo trimestre de 2019
    21 Febreiro, 2019

    Tamén te poden gustar

    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 17 de marzo
      12 Marzo, 2026
    • SUPENDIDO: O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda
      5 Marzo, 2026
    • O CSIC busca na Guarda voluntarios para o proxecto XSCAPE-Material Minds
      3 Marzo, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web