ALERTA: Suposta estafa de análise de auga
O Concello da Guarda alerta sobre unha suposta estafa relacionada coa análise de auga nas vivendas. Os presuntos defraudadoras fanse pasar por técnicos da Xunta e chaman supostamente de parte do Concello.
Chaman telefonicamente e diríxense ás persoas polo seu nome, e solicitan datos persoais, como idade e horario habitual no que se está na vivenda.
Non facilitedes información persoal por vía telefónica, nin deixedes entrar a persoas sen identificar correctamente.
En caso de recibir este tipo de chamadas ou visitas, informa ao Concello ou ás forzas de seguridade.
A colaboración é clave para protexer á veciñanza e frear estas estafas.