Alumnos e alumnas de diferentes centros escolares visitan os murais da iniciativa “Debuxando os meus dereitos”
Os alumnos e alumnas de diferentes centros escolares visitaron os murais creados por eles mesmos dentro da iniciativa “Debuxando os meus dereitos”. Os rapaces e rapazas puideron ver os seus murais colgados e ver aqueles que fixeron os nenos e nenas de outros centros.
Por exemplo, polo Concello, onde se atopan catro dos murais, pasaron a velos en dúas ocasións os nenos e nenas do Colexio San Xerome Emiliani, que posaron para unha fotografía fronte o seu mural.
Ademais, en dous grupos en diferentes días, os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio Padres Somascos, tamén pasaron polo concello para poder ver o seu mural colgado. En ambas ocasións, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tivo a ocasión de charlar e pasar un rato con eles.
Os alumnos tamén quixeron posar fronte a súa creación para unha fotografía.
Os oito murais, feitos polos nenos e nenas dos colexios guardeses, decorarán os diferentes edificios municipais ata o próximo venres, 4 de decembro. Hai tres expostos no Concello e outros tres no Centro Cultural. Ademais haberá un colgado na Piscina Municipal e outro decorará o Centro de Saúde.
Esta iniciativa promovida polo Concello da Guarda en colaboración con diferentes centros escolares, nace coa idea de conmemorar o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.