Anúnciase sesión de pleno ordinario para o 30 de setembro
O día 30 de setembro do 2016 convócase a sesión do peno do Concello cos seguintes puntos a tratar.
DECRETO 0671/2016
En uso das facultades que me confire o art. 21.1 c) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local 7/1985 modificada pola Lei 11/1999, veño en convoca-la seguinte SESIÓN DO PLENO do Concello:
CARÁCTER: ORDINARIA
LUGAR DE CELEBRACIÓN: CASA DO CONCELLO
DÍA: 30 DE SETEMBRO DE 2016
HORA: 20:00 HORAS
ORDE DO DÍA:
PUNTO 1.- APROBACIÓN ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES (ORD. 29/07/2016; EXTRAORD. 29/08/2016)
PUNTO 2.- DAR CONTA DOS DECRETOS.
PUNTO 3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE DESESTIMACIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015.
PUNTO 4.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E DE RECOLLIDA DO LIXO.
PUNTO 5.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.
PUNTO 6.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2017.
PUNTO 7.- DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN DO 2015.
PUNTO 8.- DAR CONTA DA RENDICIÓN Ó MINISTERIO 2º TRIMESTRE CONCELLO.
PUNTO 9.- DAR CONTA DAS LIÑAS FUNDAMENTAIS ORZAMENTO 2017.
PUNTO 10.- MOCIÓNS.
- RE nº 5589 do BNG.- Moción para arranxo da rúa San Caetano.
- RE nº 5896 do PP.- Moción para instar o goberno municipal informe Dirección Catastro de chans urbanizables poden pagar IBI como rústicos.
- RE nº 6129 do PP.- Declaración de A Guarda, localidade solcidaria co Alzheimer.
- RE nº 6130 do PP.- Moción para instar ao goberno municipal a que elabore un plan de limpeza e embelecemento da nosa vila.
- RE nº 6131 do PP.-Moción para instar ao goberno municipal a que leven a cabo as mocións aprobadas nos plenos.
PUNTO 11.- ROGOS E PREGUNTAS
Notifíquese a presente convocatoria a todos os membros do Pleno, e expóñase no taboleiro de anuncios para xeral coñecemento de todo os veciños, e remítase así mesmo a prensa local.”
CONVOCADOS: D. Antonio Lomba Baz, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. Miguel A. Español Otero, Dª Mª. Elena Baz Rodríguez, D.Manuel Javier Crespo González, Dna. Mª. Teresa Vicente Baz, D. Paulino Rodríguez González, Dª. Mª de la Concepción Ortega Martinez, D. José Carlos Castro Martínez, D. Roberto José Alvarez Carrero, Dna. Elena Acevedo Rolán, D. Oscar Alonso Alvarez, D. Angel Luis Baz Vicente, D. Xan Lois Lomba Alonso, Dª. Mª Mercedes Martínez Vazquez, D. Celso Juan Rodríguez Fariñas, e Dª. María de Fátima Iglesias Ferreira.
A Guarda, 27 de setembro de 2016
O Alcalde, |
Antonio Lomba Baz