Apertura de prazo para participar en campamentos de Deputación: “Depo Aventura A Lanzada 2016”
Prazo: para solicitar praza entre o 15 de marzo e 8 de abril
Participantes: nenos/as que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2003 e 2008 ambos incluídos (entre 8 e 13 anos)
Prazo: para solicitar praza entre o 15 de marzo e 8 de abril
Presentación solicitudes. As solicitudes poderán presentarse de dúas formas:
– Preferentemente realizando unha prescrición a través da web da deputación (www.depo.es), cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar. Despois imprimir este xustificante e presentalo xunto co resto de documentación no Rexistro xeral da institución ou oficinas de ORAL ( as máis próximas: O Rosal (martes e xoves de 9:00 a 13:30h e Tomiño mércores 9:00 a 13:30).
– A outra forma de inscrición será cubrir a solicitude por escrito e xunto ao resto de documentación presentala nos rexistros citados anteriormente ( Rexistro xeral deputación ou oficinas ORAL máis próximas O ROSAL E TOMIÑO)
DOCUMENTACIÓN: Solicitude, fotocopia dni pai/nai ou titor/a, fotocopia dni menor, certificado empadroamento, se é o caso certificado minusvalía, declaración xurada cuestionario médico (anexo I)
PREZO: 83,60€ , sobre este prezo as familias numerosas teñen un 20% de desconto.