Apertura do prazo de inscrición na Guarda para a actividade de Pilates
• O custo da actividade é de 28.50€ ao mes e é preciso inscribirse en información@aguarda.es, chamando ao 986610000 ext.7 ou presencialmente na OMIX da Guarda.
O Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para a actividade de pilates que se desenvolverá previsiblemente entre os meses de outubro de 2021 E maio de 2022, os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas.
A actividade realízase en colaboración co Centro Do-majó e ten unha cota ao mes de 28,50€ por participante.
As persoas interesadas en inscribirse terán que escribir a partir do día 15 e ata o 30 de setembro, un mail a informacion@aguarda.es, chamar ao 986610000 ext 7 ou achegarse ata a OMIX do Concello da Guarda