Apertura dun proceso extraordinario a partir do 5 de setembro para cubrir 4 prazas da Escola Infantil Municipal
O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura dun proceso extraordinario para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal.
O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA GUARDA
INFORMA:
Que a Escola Infantil Municipal abre o día 5 de setembro de 2016 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir:
-2 prazas a xornada completa e 1 praza media xornada de mañá na aula de 0-1 anos
-2 prazas a media xornada en horario de tarde na aula de 2-3 anos
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 5 ao 9 de setembro
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h.
A Guarda, 2 de setembro de 2016
A Concelleira
Mª Teresa Vicente Baz