(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • As Alfombras Florais voltaron a encher de cor as rúas guardesas

    As Alfombras Florais voltaron a encher de cor as rúas guardesas

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 20 Xuño, 2022
    • Comentarios 0 comentarios
    As Alfombras Florais voltaron a encher de cor as rúas guardesas

    • A Guarda recupera unha das festas tradicionais da vila despois da pandemia da COVID-19 e, malia as previsións desfavorables, a choiva deu tregua para gozar deste espectáculo floral

    Esta fin de semana celebrouse a festividade do Corpus na vila da Guarda, unha festividade que se retoma despois da parada por mor da pandemia da COVId-19. Dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron dende a tardiña do pasado sábado para a confección das Alfombras Florais.

    A choiva fixo acto de presencia na tarde do sábado, polo que se optou por retrasar a procesión para as 19:00h, algo que axudou á confección das diferentes alfombras e motivou unha ampla e numerosa participación de veciños e visitantes que ateigaron as rúas da guarda para presenciar os tapetes florais.

    En total realizáronse uns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, na tarde do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalanaron para esta ocasión.

    Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

    A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

    Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballaron para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais gocer das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados, sendo auténticas obras de arte en flor.

    Tag:A Guarda, Alfombras florais, corpus, cultura, turismo

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda acolle a presentación de “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”
    20 Xuño, 2022

    Seguinte nova

    O concello da Guarda súmase ao Día Mundial da ELA
    20 Xuño, 2022

    Tamén te poden gustar

    • Heredeiros da Crus celebra o seu 30 aniversario cun concerto na Guarda
      28 Xuño, 2022
    • A Guarda peregrina a Santiago para presentar unha renovada “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”
      A Guarda peregrina a Santiago para presentar unha renovada “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”
      22 Xuño, 2022
    • As Alfombras florais encherán de cor as rúas guardesas esta fin de semana
      13 Xuño, 2022

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web