As cápsulas de café pódense reciclar na Guarda
Moitos guardeses e guardesas usan cápsulas de café a diario, mais non todos saben que e poden reciclar. Para a reciclaxe das cápsulas de café usadas, séguense tres pasos:
- Recollida e transporte: Podes depositar as túas cápsulas usadas nos puntos de recollida da praza de Abastos e do Punto Limpo.
- Reciclaxe: Nas plantas de reciclaxe, as cápsulas son trituradas para separar os posos do café. O aluminio fúndese de novo para reutilizalo e o plástico trátase para despois fabricar novos produtos.
- Segunda vida: Os posos de café convértense en abono rico en nutrientes, as cápsulas de plástico tritúranse para poder fabricar outros obxectos e o aluminio das cápsulas é infinitamente reciclable.