As dúas vivendas castrexas reconstruídas no monte Trega renovan o seu teitado
O alcalde da Guarda e Presidente do Padroado monte Sta Trega traslada a súa satisfacción por acadar a renovación do teitado das vivendas reconstruídas, na primeira vivenda actuouse no mes de maio logo de acadar a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e neste mes de agosto acaba de rematarse a actuación sobre a segunda vivenda.
Este é unha actuación importante xa que o teitado das dúas vivendas se atopaba en moi mal estado e se requería unha actuación importante para voltar a telas en perfecto estado, a imaxe nese entorno ten mellorado de xeito considerable e o grado de satisfacción dos visitantes e turistas é alto.
Tag:A Guarda, Patrimonio, Santa Trega, turismo