As gravacións de Canal 50 serán dixitalizadas para a súa conservación histórica
Trinta anos despois do comezo de emisións da televisión local Canal 50, as súas gravacións serán dixitalizadas pola Deputación de Pontevedra.
O Concello da Guarda actuou de intermediario para a conservación destas cintas, que abarcan desde o comezo das súas emisións en agosto de 1994 ata o final das mesmas a comezos dos anos 2000. Ademais, a documentación relacionada pasará a formar parte do arquivo tras o seu tratamento e clasificación.
Entre esta documentación, atopáronse fotografías como esta de 1994, dos primeiros meses de funcionamento de Canal 50.

Na parte superior aparecen (de esquerda a dereita) Juan Alberto Santos Carrero, Antonio Cividanes Gómez, Manuel Ángel de la Peña, José María Salcidos González e Juan Ángel Rodríguez González. Abaixo están (de esquerda a dereita) Daniel Álvarez Alonso, Apolinar González Portela, Manuel Fernández Gómez, Manuel Álvarez Alonso e Manuel Santos Trigo.
Canal 50 caracterizouse pola retransmisión das Festas do Monte e tamén polos partidos do Sporting Guardés e do U.D. Ribera. Agora, grazas á dixitalización e conservación de gravacións poderemos coñecer mellor a historia guardesa, sobre todo, nos anos 90.



