As obras no albergue municipal da Guarda avanzan a bo ritmo
• Estas obras realizaranse para mellorar a estancia dos peregrinos no Albergue Municipal da Guarda.
• A previsión é que as obras estean xa rematadas nun prazo dun mes e que no mes de xullo o albergue se atope preparado para recibir a peregrinos do Camiño Portugués da Costa neste ano Xacobeo
Na xornada do venres día 4 de xuño o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, trasladáronse ata o Albergue Municipal para supervisar as obras que se están a acometer neste espazo coa reforma e ampliación dos baños.
Estas obras realizaranse para mellorar a estancia dos peregrinos no Albergue Municipal da Guarda, onde os aseos existentes resultaban reducidos para a capacidade do albergue.
Deste xeito optouse por realizar unha ampliación dos mesmos, contando tamén cun baño accesible, durante o transcurso das obras retiraranse todos os elementos eléctricos, carpinterías, pavimentos e alicatados para realizar a súa total renovación.
As obras inclúen tamén un sistema de extracción e renovación do aire deste recinto.
Esta actuación está subvencionada a través do Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020 Liña 1 da Deputación de Pontevedra.
O Camiño de Santiago, cun forte incremento de peregrinos nos anos previos á pandemia da Covid19, propiciou que moitas persoas optasen pos pernoctar na Guarda coma primeiro lugar de entrada do Camiño en Galicia. Deste xeito no verán de 2019 o albergue chegou a estar no seu máximo de ocupación, cunha afluencia constante de peregrinos ao longo do verán. Destaca o incremento nun 70% dos peregrinos aloxados no albergue dende a oficialización en 2016 do Camiño Portugués pola Costa ata o 2019.
Tag:A Guarda, Albergue, Camiño de Santiago, Obras, turismo