As rúas da Guarda decóranse con cabazas grazas aos colexios
Xa chegou o Samaín ás rúas da Guarda. Grazas ao alumnado dos diferentes centros de ensino da Guarda, ducias de cabazas adornan as prazas de Avelino Vicente ou a Praza do Reló. Moitas grazas a todos os pequenos e pequenas artistas que participaron e agardámosvos a moitos de vós esta tarde para o roteiro do terror.