Beléns, prazas decoradas e alfombra festiva para as datas do Nadal
Xa se vive o Nadal nas rúas da Guarda. A parte da iluminación festiva, diferentes prazas da vila contan con decoración especial grazas ás a diversas asociacións guardesas.
Ademais, invitámosvos a facer un percorrido polos Beléns que veciños e veciñas montaron por toda a xeografía guardesa. O Concello conta tamén cunha decoración moi especial grazas á Asociación de Alfombristas da Guarda que realizaron un traballo espectacular para celebrar estas datas.
Moitas grazas a todas as asociacións, veciños e veciñas que colaboraron para que na Guarda se viva o Nadal!