A Biblioteca acolle este sábado unha nova sesión de «Contos contados» dedicada á Ciencia
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza este sábado una nova sesión de «Contos contados», unha actividade de lectura e manualidades orientadas ao público infantil que, nesta ocasión, estará dedicada á Ciencia.
Os cativos e cativas poderán coñecer historias divertidas de profesionais da ciencia e sobre os seus inventos a partir das 11:30 h. A continuación, celebrarase un obradoiro de experimentos científicos, e os participantes poderán levar unha divertida experiencia para levar á práctica na súa casa.
«Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil que propón un acercamento aos libros de forma creativa e lúdica, favorecendo a participación das familias.