BRISAMAR elaborou o Mellor Pincho de Lamprea do Miño
A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño celebrouse as dúas pasadas fines de semana e a pesar do mal tempo foron moitos os veciños e visitantes que degustaron a lamprea do Miño nos 14 establecementos participantes.
A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño celebrouse as dúas pasadas fines de semana e a pesar do mal tempo foron moitos os veciños e visitantes que degustaron a lamprea do Miño nos 14 establecementos participantes.
Nesta edición mudouse a data de celebración pero volveu a ser un éxito xa que ponderando a participación de 2015 e 2016 houbo un incremento de participación do 45 %. Isto demostra que a ruta segue a ser unha interesante iniciativa para dar a coñecer a lamprea entre aqueles que descoñecen e tamén permite aos amantes do seu sabor degustala en formato pincho e en variadas elaboracións.
Nesta nova edición volveuse a organizar o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño entre os restaurantes e bares adheridos para premiar a creación dun pincho de calidade. Os responsables de escoller o establecemento co mellor pincho foron os participantes puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentaron e depositaron nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta.
Tras finalizar a ruta e realizar o reconto das 691 papeletas os participantes recoñeceron cos seus votos ó Restaurante BRISAMAR como o establecemento que elaborou o MELLOR PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO nesta terceira edición.
Para premiar a fidelidade dos participantes tamén se organizou un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizouse o xoves 21 de abril e despois de contactar con todos premiados faise público o nome dos premiados:
- 1º ISIDRO FERREIRA PIRES (A Guarda) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Albariño da Adega Rectoral do Umía.
- 2º FRANCISCO ALONSO VÁZQUEZ (O Rosal) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi.
- 3º JUAN EDMUNDO DA COSTA ALONSO (A Guarda) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Ribeiro da Adega Alanís.
- 4º ROBERTO VIDAL JORGE (Vigo) premiado cunha botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís.
- 5º premiado cunha botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís.
A entrega do diploma ó restaurante Brisamar como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada e os lotes de viño ós premiados terá lugar no Concello da Guarda o próximo xoves 28 de abril.
Esta iniciativa gastronómica organizada por viveirista e pescadores do Miño da Guarda e patrocinada polo Concello.