Budiño, Mercedes Peón e Susana Seivane: cartel de luxo para as “Noites no Castelo” deste sábado
Este sábado, 22 de xullo, no Castelo de Santa Cruz da Guarda, terá lugar un concerto con tres dos mellores artistas do panorama musical galego actual, nunha nova edición das “Noites no Castelo”.
O gaiteiro Budiño, con Mercedes Peón como artista convidada, ofrecerá un concerto dentro da súa xira “Paralaia” 20 Aniversario, que dará comezo ás 22:00 horas. A gaiteira Susana Seivane porá o broche de ouro á noite musical na fortaleza guardesa, cun concerto que comezará ás 23:30 horas.
A programación deste evento cultural, organizado polo Concello da Guarda, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2017.