Cabalgata dos Reis Magos na Guarda
A vila da Guarda xa ten todo preparado para a esperada chegada dos Reis Magos o próximo mércores, día 5 de xaneiro.
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 18 horas dende a Alameda para, tras pasar pola Rúa Galicia e a Praza da Igrexa, chegar a Praza do Reló e celebrar unha gran recepción real na Casa dos Alonsos.
Aos tres reis os acompañarán unha trintena de paxes ademais de a charanga de “Os Zanfonos”, o grupo de Gaitas da Terceira Idade e o grupo de baile “Xamaraina”.
Durante o percorrido os acompañantes da comitiva real e tamén os propios Reis repartirán case 400 quilogramos de caramelos polas rúas.
Unha vez na Casa dos Alonsos terá lugar a gran recepción real. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os rapaces e rapazas que así o desexen e lles farán entrega dun pequeno agasallo.
En caso de choiva a cabalgata non sairá pero se realizará a recepción real na Casa dos Alonsos dende ás 18 horas. Neste caso tamén haberá actuacións musicais e reparto de caramelos.
Visita aos avós e avoas
Hoxe, luns 4 de xaneiro, os Reis Magos farán a súa visita habitual aos avós e avoas na residencia da terceira idade Monte Tecla.