Campamento urbano de verán 2024 do Concello da Guarda: apertura do prazo de solicitude
Entre o 13 e o 31 de maio estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de 9 a 14 horas como horario principal e de 8 a 15 horas como horario ampliado segundo necesidades de cada familia. A actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 (nacidos no 2020) a 12 anos.
O principal obxectivo desta actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo de lecer que representa o verán tras rematar o período lectivo.
Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas, etc pero sobre todo compartirán un espazo de convivencia diferente.
As bases e solicitude poderanse consultar e/ou obter na web www.aguarda.es ou na sede electrónica da entidade. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello https://aguarda.sedelectronica.gal ou presencialmente no Rexistro municipal de 9 a 14 horas de luns a venres
Se a entrega da documentación non a realiza a persoa solicitante( nai/pai/titor/a legal) deberá achegar xunto á solicitude, unha autorización asinada pola persoa interesada.
Máis información na OMIX do Concello da Guarda
FOLLA DE INSCRICIÓN INDIVIDUAL
FOLLA DE INSCRICIÓN MÚLTIPLE