O Centro Cultural acollerá os traballos do certame Muller poeta ata o vindeiro 31 de marzo
No vestíbulo do Centro Cultural poden contemplarse tódolos traballos que foron presentados ó certame “Muller poeta” que a Concellería de Cultura convocou para conmemorar o mes da muller e da poesía.
No vestíbulo do Centro Cultural poden contemplarse tódolos traballos que foron presentados ó certame “Muller poeta” que a Concellería de Cultura convocou para conmemorar o mes da muller e da poesía.
As bases contemplaban a particpación en tres categorías diferentes e a dotación dun premio ó traballo máis orixinal, mais sendo os traballos presentados nunha única categoría infantil, o xurado quixo agradecer esta participación e esforzo facendo entrega dun lote de libros a cada un dos nenos concursantes. A entrega realizouse o pasado luns 21 de marzo, coincidindo co Día da Poesía.
Na categoría de adultos, presentouse un único traballo, premiado tamén cun lote de libros e que forma parte da mesma exposición.
Os traballos poden verse no vestíbulo do Centro Cultural ata o vindeiro 31 de marzo. Dende a Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal querese agradecer ós concursantes o seu esforzo, e animar á toda a poboación a participar nas vindeiras edicións.