(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • Chega á Guarda “EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais

    Chega á Guarda “EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local
    • Date 8 Marzo, 2023
    • Comentarios 0 comentarios
    Chega á Guarda “EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais
    • Trátase dun total de 5 obradoiros destinados a contribuír a que hostalaría e negocios locais adquiran formación en áreas específicas.
    • As prazas son limitadas e é preciso facer unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es

     

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local inicia neste mes de marzo unha oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

     

    Despois de realizarse unha enquisa entre o tecido empresarial, na que se propuxeron un total de 16 obradoiros a elixir e diferentes horarios para a súa realización, seleccionáronse un total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila, mesmo engadindo algunha demanda que non estaba no listado inicial.

     

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021 e que, nesta primeira parte de ano 2023, inclúen un total de 5 obradoiros.

     

    As accións formativas de “EspecializAcción” comezan xa na xornada do 14 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h co obradoiro de Barista Básico impartido por Csaba Bóka, un entrenador profesional de baristas e participante en campionatos do mundo que será impartido en Xorxios, na Estrada Costa dos Soldados (Antigo Restaurante Barbela).

     

    O segundo obradoiro de LatteArt, decoración cafés realizarase na xornada do 21 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h, tamén será impartido por Csaba Bókano en Xorxios en Camposancos.

     

    Na xornada do 28 de marzo en horario de 20:30h a 22:30h a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de Empaquetado de regalos creativo, impartido por Noelia e Ramón da Papelería Artesanal Papelier de Baiona.

     

    O penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” chega á Casa dos Alonso o 11 de Abril en horario de 20:30h a 22:30h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram.

     

    Xa para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30h a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

     

    Estes obradoiros teñen unha duración aproximada de dúas horas e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, as prazas son limitadas a 10 persoas para os obradoiros de Barista básico, LatteArt decoración de cafés, e a 15 persoas para os de Empaquetado de regalos creativo, Publicidade en Facebook e Instagram e Posicionamento SEO. As inscricións estarán abertas ata dous días antes de cada acción formativa ou ben ata completar o aforo.

    Tag:A Guarda, Comercio, especializacción, Formación, Hostalaría, Obradoiros

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Convocatoria de Pleno Extraordinario Urxente o luns 13 de marzo
    8 Marzo, 2023

    Seguinte nova

    O concello da Guarda mellora o equipamento para a recollida de lixo
    8 Marzo, 2023

    Tamén te poden gustar

    • O Concello da Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local
      O Concello da Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local
      18 Xaneiro, 2023
    • O Concello da Guarda promove unha actividade que mestura madurez activa, aportación comunitaria e coidado do medio ambiente
      17 Xaneiro, 2023
    • O Concello da Guarda oferta formación gratuíta sobre aproveitamento da resina natural con posibilidades de inserción laboral
      O Concello da Guarda oferta formación gratuíta sobre aproveitamento da resina natural con posibilidades de inserción laboral
      16 Novembro, 2022

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web