Chegan á Guarda os trasnos de Nadal
Continúa a programación do Nadal na Guarda con tónica musical da man, nesta ocasión de dous concertos do Conservatorio Elemental de Música, onde os alumnos de dito centro interpretarán para as súas familias o habitual repertorio de Nadal. O mércores 21 de decembro ás 19:30h será o Concerto de Vento e Coro, mentres que o 22 de decembro ás 20:00h. será o Concerto dos alumnos de Corda.
Pero mais aló da música, se por algo se caracteriza o Nadal é por ser o momento mais especial do ano para os nenos, que esperan ansiosos a chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos cos seus regalos. Por iso os días 22 e 24 de decembro os trasnos de Papá Noel percorrerán as rúas da vila para recibir as cartas das pequenas e pequenos guardeses.
A programación para as crianzas continuará a partir do martes 27 de decembro coa actuación do Mago Rey Midas no Centro Cultural, ás 18:00h; un espectáculo itinerante de malabares e zancudo o mércores 28 pola tarde e sesión de cinema infantil o venres 30 de decembro, novamente no Centro Cultural.
E como prato forte o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza de Avelino Vicente ás 18:00h.
O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.
Tamén dentro de toda esta programación haberá un espazo para as actividades deportivas como son a carreira por San Silvestre o 31 de decembro con saída ás 17:00h. da Praza de Avelino Vicente e a proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro.
Por último a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.
PROGRAMACIÓN:
DECEMBRO
Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio
Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda
Trasnos e paxes do Nadal
Días 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. Día 24 de 11:30h a 14:30h
Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio
Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Mago Rei Midas
Martes 27 de decembro ás 19:00h no Centro da Vila(data modificada)
Animación Itinerante
Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda
Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Cinema Infantil
Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente
San Silvestre
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Circo de lume
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids
Tag:A Guarda, concertos, Conservatorio, Nadal, programación, trasnos