Comunicado do Concelleiro de Turismo, Festas e Festexos populares
O pasado 16 de abril foi publicado un artículo de María J. Fuente en La Voz de Galicia na súa edición de Vigo sobre as medidas de diferentes concellos en relación ao “temido botellón”, nombrando ao concello de A Guarda como uns dos concellos cunha normativa máis específica.
Como referente visual desta noticia publícase a imaxen de tres persoas da banda máis antigua das Festas do Monte de A Guarda, facendo o ritual tradicional da “xura” anual, e que nada ten que ver co “temido botellón” do que se trata na noticia.
Dende a concellería de Turismo, Festas e Festexos do concello de A Guarda, non entrando a valorar o contido deste artículo, queremos manifestar o noso total desacordo coa desafortunada publicación da imaxe dunha festa tradicional declarada de Interés Turístico como é a Festa do Monte de A Guarda relacionada co fenómeno do botellón. Quero así mesmo trasladarlles o malestar e enfado tanto do grupo de Goberno dete concello como de innumerables veciños e achegados nestas festas que non entendemos esta falta de rigor periodístico que pon de manifesto a desinformación sobre unha festa moi importante na nosa contorna, que se ven celebrando dende 1913 e que nada ten que ver co “temido botellón”.
Por este motivo lles solicito encarecidamente una rectificación aclaratoria e inminente que disvincule totalmente esta imaxen da Festa do Monte co botellón, para non seguir danando a imaxe dunha festa que varias xeracións de guardeses e guardesas levamos no noso ADN.
Asdo: Rafa Álvarez Martínez
CONCELLEIRO