COMUNICADO: Sobre os problemas de residuos de SOGAMA
A planta de transferencia de SOGAMA, ubicada no Rosal, atópase saturada e cunha avaría que impide o seu correcto funcionamento, afectando aos concellos da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño.
Isto afectará á recollida do lixo, xa que os camións municipais non poden descargar desde onte e atópanse cheos. Polo tanto, pedimos á poboación comprensión e que eviten deixar lixo ao redor dos contedores tendo en conta a calor dos próximos días e maior cantidade de residuos xerados durante as festas.
Agardamos que SOGAMA dea unha pronta solución para continuar coa recollida de lixo habitual do Concello.