(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • O Concello da Guarda da a coñecer a completa programación da Axenda de Nadal 2017-2018

    O Concello da Guarda da a coñecer a completa programación da Axenda de Nadal 2017-2018

    • Publicado por Cultura A Guarda
    • Categorías Cultura
    • Date 1 Decembro, 2017

    O Concello da Guarda deu a coñecer esta mañá a Axenda de Nadal 2017-2018, unha Axenda que vén cargada de actividades de todo tipo para desfrutar destas datas en familia.

    Como ven sendo habitual, o Concello da Guarda presentou a nova Axenda de Nadal 2017-2018, que abarca a programación que se poderá desfrutar na Vila durante as próximas semanas e ata o venres 5 de xaneiro.

    O Nadal guardés comezará oficialmente co acendido do alumeado este martes 5 de decembro, na Praza do Reló ás 20:30 h, nun evento no que contaremos con música, baile, photocall, visita de personaxes infantís e algunha sorpresa máis.

    Por tratarse de datas moi sinaladas para os máis cativos, eles son os verdadeiros protagonistas desta Axenda: deixarán aflorar a súa creatividade nos obradoiros de decoración infantís e no concurso de pintura que organiza AGUDE. Pola súa parte, o Centro Cultural abrirá as súas portas para que gocen das tardes co espectáculo “Os fabulosos Cleaners” o mércores 27 de decembro e do “Cinema de Nadal” coa proxección das películas “Vaiana” e “Canta” o xoves 28 de decembro e o mércores 3 de xaneiro, respectivamente. E ademais, os nenos e nenas da Guarda recibirán a visita do Papa Noel de AGUDE o domingo 17 de decembro no Casino-Alameda, da Apalpadora o 30 de decembro na Casa dos Alonso e dos Reis Magos coa tradicional cabalgata o 5 de xaneiro.

    Para os adultos e as familias tamén haberá diferentes plans: o sábado 2 de decembro a Papanoelada moteira, organizada polo Concello e AGUDE, percorrerá a Vila para rematar cun chocolate de balde para todos no Porto. Por outro lado, consolídase o teatro para adultos nestas datas, así como as citas musicais da man dos diferentes festivais que se celebrarán ó longo destas semanas (Festival do Nadal da Fundación As Samaritanas, o de Panxoliñas, o do Conservatorio Municipal e o de Pandereteiras), xunto o concerto solidario que a orquestra Panorama ofrecerá a favor das asociacións Conrazones e San Vicente de Paúl, e as mañás de “Música na rúa”, acompañadas de chocolatada na Praza de Abastos o 28 de decembro e o 4 de xaneiro. E os avós e avoas da Residencia Santa Trega recibirán ós Reis Magos o xoves 4 de xaneiro pola tarde.

    O Concello da Guarda quere agradecer ás diferentes asociacións e colectivos de comerciantes a súa implicación na decoración de Nadal das rúas e prazas, a través da boa acollida da iniciativa “Decora o teu Nadal”. Grazas a todos eles, e aos veciños e veciñas que colaboraron, a Vila encherase nestes días cos adornos de Nadal elaborados nos obradoiros e polas propias asociacións.

    Tag:A Guarda, Axenda de Nadal, presentación

    • Compartir:
    Cultura A Guarda

    Anterior nova

    Bases de selección de persoal para unha lista de reserva de auxiliar administrativo
    1 Decembro, 2017

    Seguinte nova

    O Concello da Guarda presentará o novo Plan de Accesibilidade o vindeiro martes
    3 Decembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web