(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Concerto da sección de corda da Orquestra Clásica de Vigo o sábado 22 de agosto na Guarda

    Concerto da sección de corda da Orquestra Clásica de Vigo o sábado 22 de agosto na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 20 Agosto, 2020

    A Orquestra Clásica de Vigo levará a súa orquestra de corda á Guarda este sábado día 22 de agosto cunha programación baseada no romanticismo, cunha selección de pezas que nos levarán da obra de Felix Mendelssohn, da que se interpretará sinfonía para dez cordas ao postromanticismo inglés de E. Elgar pasando polo italiano Giovanni Botessini.

    Daremos comezo ao concerto ás 20:00h no Castelo de Santa Cruz coa serenata de E. Elgar, un dos principais compositores ingleses do S. XIX. A súa obra enténdese coma unha ponte entre o romanticismo e os estilos nacionais, buscando plasmar nas súas pezas as características propias da súa terra e tradición sonora.

    Tras esta obra interpretarase a Elexia de G. Bottessini, un compositor que realiza esta obra para o contrabaixo, instrumento que en contadas ocasións é posible velo como solista. Esta obra mostra unha rareza e interesante complexidade compensada por un brillante sentido do gusto e da beleza.

    Remataremos coa sinfonía para dez cordas de F. Mendelssohn, unha das figuras máis destacadas do romanticismo pleno cunha obra pensada para orquestra de corda na que se combina a grandeza característica do estilo coa simplicidade e lixeireza do formato para sección de cordas.

    Trátase dun concerto aberto a toda a cidadanía co que gozar da música clásica en contextos inéditos.

    Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

    Programa:

    Serenata de E. Elgar

    Elexía de G. Bottesini. Solista: Gustavo Barcia (Contrabaixo)

    Sinfonía para dez cordas de F. Mendelssohn

    Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

    Solista: Gustavo Barcia (Contrabaixo)

    Actividade divulgativa para rapaces e rapazas

    Dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos ofrecer unha actividade paralela ao concerto para achegar a música sinfónica ao público familiar. Este obradoiro estará dirixido pola mestra Patricia Pereira e terá como obxecto ofrecer claves para a escoita e compresión da música que se interpretará no concerto. O obxectivo desta actividade de mediación parte do interese de achegar ao público familiar a este arte.

    Esta actividade integrará á orquestra empregado a proba de son, como elemento básico para a comprensión do fenómeno artístico e sonoro que supón contar con 30 músicos, neste caso, interpretando música en directo.

    Prensentaremos ao solista, o seu instrumento e a historia do autor, dun xeito aberto e participativo.

    Esta actividade contará coa construcción dun instrumento de corda con elementos reciclados para favorecer a comprensión do funcionamento acústico-mecánico da sección que interpretará o concerto.

    Grupo: 15 rapaces e rapazas

    Idades: 6-8 anos

    Lugar: Castelo de Santa Cruz

    Hora: 18:00

    Duración: 40 min (aprox)

    Necesidades: Levar máscara e presencia dos país/nais ou titores para garantir a distancia de seguridade en todo momento.

    Entrada de balde previa inscrición no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

    A Orquestra

    A Orquesta Clásica de Vigo é una formación de música clásica que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos.

    Nos seus 36 años de historia as obras interpretadas cóntanse por centos, e nos últimos anos realizou propostas de danza, cine en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se plantexa como un espazo aberto de debate co que realizar novas propostas e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

    A Orquesta Clásica de Vigo nace en 1984, sendo a formación máis antiga de Galicia, apostando dende os seus comezos pola formación e a i nnovación nos formatos. Polos seus atrís pasaron máis de 300 músicos e moitos deles son, a día de hoxe, artistas de primeiro nivel en orquestras nacionais e internacionais.

    Manuel Martínez Álvarez-Nava | Director titular e artístico

    Nado en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestre Jacques Bodmer, discípulo do lendario mestre Herman Scherchen.
    Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, Solista e Concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que tamén foi director adxunto. Desde o curso 1983-84, é catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo e Director Titular da Orquesta Clásica de Vigo desde a súa creación en 1984.

    Tag:A Guarda, Concerto, Música, Orquestra, programación, verán

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda instala na Praza de Abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do Proxecto Estraee
    20 Agosto, 2020

    Seguinte nova

    Esgotadas as citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de setembro
    20 Agosto, 2020

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web