Concerto do coro do conservatorio de música da Guarda en Vigo
Os alumnos que forman o novo coro do conservatorio de música de A Guarda formado por 40 compoñentes desprazaránse o sábado día 16 de febreiro ata Vigo. Farán un concerto que será ás 19:45 h. na Parroquia de Nuestra Señora de la Soledad baixo a dirección de Bruno Díaz González.
Este concerto forma parte dunha das actividades programadas polo conservatorio para completar a formación dos alumnos.
Tag:A Guarda, Conservatorio, cultura, Música