(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Concerto do grupo Xistra de Coruxo e actuación do alumnado do Conservatorio de Música este mércores na Guarda

    Concerto do grupo Xistra de Coruxo e actuación do alumnado do Conservatorio de Música este mércores na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 30 Maio, 2022
    • Comentarios 0 comentarios
    Concerto do grupo Xistra de Coruxo e actuación do alumnado do Conservatorio de Música este mércores na Guarda

    • No acto, que terá lugar no Centro Cultural ás 19:30h, tamén será presentado en conferencia o libro-DVD “Irmáns Flores os gaiteiros de Novás” de Xerardo F. Santomé.

    Este mércores día 1 de xuño o Centro Cultural da Guarda acolle ás 19:30h unha actividade organizada dende o Conservatorio de Música da Guarda e na que será presentado o libro-DVD “Irmáns Flores os gaiteiros de Novás” de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez, dedicado aos mestres gaiteiros Emilio e José Flores Costas, afamados por ter participado en cantas festas e romarías se fixeron no Baixo Miño desde a década dos 1940 e admirados por cantos e cantas alumnos e alumnas de música tradicional teñen pasado polas súas aulas, sen preocuparse de que lugar ou concello fosen. Creadores de orquestras, murgas, charangas e cuartetos tradicionais e incluso integrantes de bandas de música populares.

    O evento consistirá nunha pequena presentación do libro que, co mesmo nome, foi editado pola Asociación Gaiteiros da Xistra en xuño do ano pasado. Ademais o grupo Xistra de Coruxo ofrecerá un concerto baseado no repertorio dos protagonistas e acompañará a un colectivo de alumnos e alumnas do conservatorio na interpretación conxunta dalgunhas das súas pezas máis senlleiras.

    A Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra foi creada en 1994 para dar amparo legal e visibilidade aos traballos de investigación musical baseado en traballos de campo que xa se desenvolvían dende principios da década de 1980, difundidos polo seu grupo máis senlleiro Xistra de Coruxo dende a súa fundación en marzo de 1988.
    Para unha mellor comprensión da metodoloxía do seu labor resulta imprescindible definir e entender o concepto “Xistralia” como un país que abrangue o seu espazo de traballo, pois abrangue, especialmente, o sur da provincia de Pontevedra e a zona do Alto Minho portugués por entender que forman unha única cultura. Ao longo destes anos, a asociación ten desenvolvido multitude de traballos de campo na recollida de músicas e costumes que noutrora formaron parte da vida e do divertimento dos nosos devanceiros e que viron a luz pública a través da edición de proxectos aproveitando todos as canles posibles de difusión.

    Asemade, ten espallado moitos destes proxectos actuando en festivais e concertos tanto a nivel autonómico, como estatal e incluso internacional (Bretaña, Occitanía, Chequia, Croacia, Portugal, Languedoc e Alemaña en diversas ocasións), organizado encontros internacionais de tipo didáctico con outros lugares onde a gaita forma parte do folclore máis representativo e colaborado con outras entidades deses mesmos ámbitos.

    Tag:Concerto, Conservatorio de Música, cultura, Música, Xistra de Coruxo

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Apertura do prazo de inscrición no Campamento urbano de Verán 2022 na Guarda
    30 Maio, 2022

    Seguinte nova

    O concello da Guarda participou na comitiva pontevedresa do Revitaliza
    31 Maio, 2022

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda programa “Miúdo Verán”, actividades para os máis pequenos da casa
      A Guarda programa “Miúdo Verán”, actividades para os máis pequenos da casa
      21 Xuño, 2022
    • A Guarda acolle a presentación de “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”
      17 Xuño, 2022
    • A Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais e deportivas
      A Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais e deportivas
      13 Xuño, 2022

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web