(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

    Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Turismo, Xeráis
    • Date 31 Decembro, 2018
    • Comentarios 0 comentarios
    O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

    O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

    A Pista de Xeo que está instalada na Alameda da Guarda xa recibíu a visita de máis de 1500 persoas, as entradas teñen un custo de 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O 1 de xaneiro a Pista de Xeo funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h e o 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

    A programación de actividades do Nadal continúa o Mércores día 2 a Casa dos Alonso cun Obradoiro infantil “Decora a túa casa” no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, as prazas están xa esgotadas para esta actividade.

    Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo “Do Lusco ó Fusco” de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

    Tamén na xornada do xoves 3 de xaneiro pola tarde, o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de “Capitán Calzoncillos” ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

    As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

    O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

    Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

    Tag:A Guarda, Cabalgata, Cinema, cultura, Nadal, Reis Magos

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Finca de Fínola xa forma parte do patrimonio da Guarda
    31 Decembro, 2018

    Seguinte nova

    Máis de 200 persoas déronse cita na San Silvestre guardesa 2018
    3 Xaneiro, 2019

    Tamén te poden gustar

    • Outubro Abre A Programación Cultural Na Guarda Da Man De Dos Grandes Filmes Galegos “Valentina” E “O Corpo Aberto” Copia
      Outubro abre a programación cultural na Guarda da man de dos grandes filmes galegos “Valentina” e “O Corpo Aberto”
      4 Outubro, 2023
    • Fin de semana cargado de propostas culturais para pechar o mes de setembro na Guarda
      Fin de semana cargado de propostas culturais para pechar o mes de setembro na Guarda
      28 Setembro, 2023
    • A Guarda acolle este venres a presentación da nova curta do guardés Nani Matos
      A Guarda acolle este venres a presentación da nova curta do guardés Nani Matos
      28 Setembro, 2023

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web