(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Continúan as actividades en conmemoración do 8M na Guarda con “Semente de Igualdade”

    Continúan as actividades en conmemoración do 8M na Guarda con “Semente de Igualdade”

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Muller
    • Date 9 Marzo, 2022

    • O xoves día 10 terá lugar a actividade “Arte para todas e con todas” coa colaboración do Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra e o venres proxectarase no Centro Cultural o filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar.
    O Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
    O xoves día 10 de marzo no IES A Sangriña coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, coa actividade que levou por título “Mulleres Galegas. Donas de seu” dirixida ao alumnado de 1º de BACH do IES A Sangriña.
    Este ano 2022 , o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de BACH da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título “Arte para todas e con todas”.
    Esta actividade consiste en convidar ao alumnado a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.

     

    Para a xornada do venres día 11 de marzo ás 20:00h está prevista a proxección no Centro Cultural do filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar. O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente. Reserva de entradas de balde en https://www.eventbrite.es/e/entradas-cinema-maria-solinha-277554913217

    Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral da obra TABÚ da Compañía Tarabela Creativa. “Tabú” é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
    Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

    As actividades estenderanse ao mes de abril, deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

    Os Centros escolares do municipio participarán este ano nas conmemoracións do 8M recibindo círculos con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes, participarán tamén nunha charla que contará coa intervención de Amelia Tiganus.
    O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.
    Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
    Publicou varios artigos, un cómic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar ‘La revuelta de las putas’ e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
    Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.
    Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».
    Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría “Superación”.

    Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas
    As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade

    Tag:8M, A Guarda, dia internacional da muller, igualdade, muller!

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda organiza un concurso fotográfico polo Día Mundial da Auga
    9 Marzo, 2022

    Seguinte nova

    A Asociación de Redeiras Atalaia ofrece formación para poder exercer a profesión
    10 Marzo, 2022

    Tamén te poden gustar

    • O Centro Cultural acolle a estrea da película amateur “Héroes del medallón”
      22 Maio, 2025
    • O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado
      20 Maio, 2025
    • A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
      19 Maio, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web