Convocatoria de axudas ao alugamento de vivendas
A Consellería de Infraestructuras e vivenda da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Vivenda e Solo informa das novas liñas de axudas enmarcadas no programa de alugamento de vivendas, e que terán unha duración dun máximo de 3 anos.
O prazo para a solicitude das axudas remata o vindeiro 30 de xullo. As persoas interesadas poderán acceder ás bases da convocatoria, onde se especifican as cuantías das axudas, a documentación necesaria para a súa solicitude e o procedemento para a presentación das mesmas. Para máis información e tramitación de solicitudes, poderán achegarse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Guarda, Servizos Sociais ou a Omix.