Esta fin de semana continúa a ruta do pincho da lamprea do Miño 2016
A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño continúa esta fin de semana nos 14 establecementos da Guarda adheridos a esta campaña gastronómica na que se da a coñecer este valorado peixe. O horario é de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas.
A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño continúa esta fin de semana nos 14 establecementos da Guarda adheridos a esta campaña gastronómica na que se da a coñecer este valorado peixe. O horario é de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas.
Esta ruta é unha excelente oportunidade para degustar a lamprea en pincho na súa elaboración máis tradicional, lamprea á bordalesa con arroz e pan tostado. Aínda que algúns establecementos ofrecen o pincho de lamprea noutras elaboracións.
O sábado 16 e o domingo 17 de abril son as derradeiras datas para degustar a lamprea en formato pincho a un prezo único de 2 €. Ademais de degustar a lamprea os participantes serán os responsables de escoller o establecemento no Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño xa que puntúan cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentan e depositan nas urnas dispoñibles en cada establecemento.
Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizarase o xoves 21 de abril e o venres 29 os cinco premiados recollerán os agasallos:
- 1º Unha caixa de 6 botellas de viño Albariño da Adega Rectoral do Umía
- 2º Unha caixa de 6 botellas de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi
- 3º Unha caixa de 6 botellas de viño Ribeiro da Adega Alanís
- 4º e 5º: Cada premiado: 1 botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís
Tamén o venres 29 o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada.
Organiza: Viveirista e pescadores do Miño da Guarda
Patrocina: Concello da Guarda
Participan 14 restaurantes e bares da Guarda:
- BITADORNA
- BRISAMAR
- CARLA
- JAMONERÍA ANABEL
- LA PIZZICATA
- MARBELLA
- MARUSÍA
- NOVO FUNIL
- O CANGREXAL
10. O PASEO
11. O ROXO
12. PORTO GUARDÉS
13. XANTAR
14. XEITO