Esta Semana Santa A Guarda terá un Campamento Dixital para a rapazada
Esta Semana Santa, A Guarda desfrutará do Campamento Dixital para a rapazada entre os 9 e os 13 anos.
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares de balde en competencias dixitais. A aprendizaxe está planteada coma un xogo a través dunha aventura interactiva na que deberán completar as etapas e cumprir misións para conseguir logros e metas.
As inscricións xa están abertas a través da OMIX da Guarda, tanto de xeito presencial (2º planta) como no correo electrónico informacion@aguarda.es . A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril desde as 9:00h ata as 14:00h na Aula Cemit do Centro Cultural.
Esta é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Digitales para la Infancia (CODI), posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.