Esta tarde celébrase unha charla sobre o “Uso seguro e saudable de Internet”
A cita é ás 19 horas na Casa dos Alonsos
Pola mañá, unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas”, charlou cos alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria do IES A Sangriña e do centro Padres Somascos.
Pola tarde, a partir das 19 horas, na Casa dos Alonsos, membros da mesma ONG impartirán unha charla aberta para todos os veciños e veciñas da Guarda que estean interesados en coñecer as consecuencias e os perigos de Internet.
O Concello da Guarda quere convidar a esta charla a todas as persoas que forman parte do entorno educativo de rapaces ou rapazas, pais e nais, educadores, profesores…
Nesta cita falarase da privacidade nas redes sociais, dos ricos dos smartphnoes ou da responsabilidade ante a lei polos delitos en Internet.
En base as preguntas e respostas por parte dos asistentes, os ponentes incidirán nos puntos que se estimen necesarios durante a sesión.