Tralo peche temporal do centro deportivo a mediados do mes de marzo, informamos da reapertura das instalacións da Piscina Municipal da Guarda, durante este tempo adecuouse para mellorar e garantir así a seguridade de usuari@s e traballador@s. Aplicáronse tódolos protocolos …
Dende o inicio do estado de alarma declarado pola crise sanitaria do Covid-19, tivemos que ir adaptando as nosas costumes e tomar medidas de hixiene e seguridade que fixeron extensible o uso de luvas ou máscaras de protección á case …
A directiva do AECT Rio Minho asegura que a solución é unha “simple cuestión de medios” para os estados español e portugués: poñer controis con garda civil e GNR nos pasos máis transitados Destacan que haberá maiores garantías de seguridade …
A porteira Marisol Carratú, a central Carmen Campos, a lateral dereito Paulina Buforn, o técnico José Ignacio Prades e a pivote África Sempere polas súas cualidades defensivas son as candidatas do Mecalia Atlético Guardés para o equipo ideal da Liga …
O Concello da Guarda participa mañá xoves na presentación do proxecto #MiPlayaSinPlásticos 2020, nun formato webinar virtual no que estarán presentes, Jesús Calleja (embaixador e presentador), Javier Solans (director xeral de P&G En España e Portugal), Rami Baitiéh (CEO de …
O Concello da Guarda invitou a un grupo de 8 profesionais de diversos sectores para que formen parte dunha comisión especial que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións que conduzan á reactivación económica local. Desde …
A Oficina de Xestión Tributaria retomará o servicio de atención presencial a partires do día 8 de xuño, aínda que exclusivamente con cita previa e para a realización de xestións estritamente necesarias e que non podan realizarse doutro xeito. Para …
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19. Esta actividade …
Dende o pasado día 15 de maio o Concello da Guarda conta xa cunha mestra composteira. O Concello contratou a unha graduada en Ciencias Ambientais para coordinar o proxecto municipal de compostaxe. As actuacións que se realizarán a curto prazo …
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 5 e sábado 6 de xuño. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 5 en horario de …