Back

Exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio San José

This event has expired

O Salón de Plenos da Casa dos Alonso acollerá do 22 ao 25 de abril, a exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio Plurilingüe San José en colaboración co Concello da Guarda e a Fundación Endesa.

De 9:30 a 13:30h do martes 22 ao venres 25 de abril, todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta exposición interactiva, onde os escolares demostrarán a súa sabedoría dunha maneira práctica, con divertidas carreiras de coches vela ou coches globo, prototipos creados por eles mesmos.

Máis información: https://www.aguarda.es/o-salon-de-plenos-acolle-a-exposicion-salvar-el-mundo-do-colexio-san-jose/