O Salón de Plenos acolle a exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio San José
O Salón de Plenos da Casa dos Alonso acollerá do 22 ao 25 de abril, a exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio Plurilingüe San José en colaboración co Concello da Guarda e a Fundación Endesa.
O alumnado do 2ª ciclo de Educación Primaria construíron aeroxeradores, turbinas, casas e coches solares, coches vela, coches globo, baterías eléctricas…
De 9:30 a 13:30h do martes 22 ao venres 25 de abril, todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta exposición interactiva, onde os escolares demostrarán a súa sabedoría dunha maneira práctica, con divertidas carreiras de coches vela ou coches globo, prototipos creados por eles mesmos.
Ademais, eles serán os encargados de explicar o concepto de enerxía e os seus tipos, a súa transformación, transición ecolóxica, calidade do aire, sostibilidade, eficiencia e aforro enerxético.
Con estas accións, o alumnado do concello da Guarda mostra o seu compromiso co medio ambiente, e coa busca de solucións enerxéticas máis respectuosas e que non contribúan ao cambio climático.