Os obradoiros van desde realizar carteiras de crochet ou pulseiras, ata facer xabóns ou pintar bolsas de tea.
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Para a inscrición nunha ou en varias das actividades, só hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es co nome, teléfono, mail e as actividades nas que se quere participar por orde de preferencia.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-omix-da-guarda-organiza-actividades-de-tardeo-coas-asociacions-da-vila/
















