A OMIX da Guarda organiza actividades de ‘Tardeo’ coas asociacións da vila
A OMIX do Concello da Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar asía o ocio con diferentes actividades.
Os obradoiros son:
- CARTEIRAS DE CROCHET: venres 11 de abril, 19:00-21:00 horas. Sede O Percamino (A Gándara)
- EMBÁRRATE OUTRA VEZ!: sábado 12 de abril, 10:00-13:00 horas. Sede Avelaíña (Salcidos)
- OBRADOIRO DE NUDOS E MALLA DE REDE: venres 25 de abril, 19:00-21:00 horas. Sede O Piueiro (na antiga Confraría)
- ELABORA A TÚA PULSEIRA CON BORDADO AO AIRE: sábado 26 de abril, 10:30-12:30 horas. Coa Asociación Recuperación Traxe Galego na Aula Municipal (Casa dos Alonso)
- PINTURA EN TEA: venres 9 de maio, 18:00-21:00 horas. Con Érguete Baixo Miño na Aula Municipal (Casa dos Alonso)
- XABÓNS GLICERINA: sábado 10 de maio, 10:30-12:30 horas. Aula Escola de San Xerome (rúa Concepción Arenal)
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Para a inscrición nunha ou en varias das actividades, só hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es co nome, teléfono, mail e as actividades nas que se quere participar por orde de preferencia.