A obra ‘Villa Marabilla’ trae unha reflexión sobre a vida rural a través da fantasía
A Guarda continúa con teatro aficionado nesta primavera. Desta volta, chega á Guarda a obra “Villa Marabilla” da Aula de teatro do Rosal. A obra dará comezo ás 20:00h este sábado 5 de abril no Centro Cultural.
Este grupo preséntanos a viaxe de Alicia nun país de marabillas, na procura de identidade, das raíces e do tempo. Todo isto invitaranos a facer unha reflexión sobre a vida no rural a través dun universo de fantasía.
Baixo a dirección de Artística Teatro e Danza, baséanse en textos de Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro, Jesús Castro Yáñez, Rosalía de Castro e Edmond Rostand.