O vindeiro xoves 3 de abril, ás 18:00 horas, os veciños e veciñas da Guarda están convidadas novamente a asistir ao teatro en Santiago de Compostela. Desta volta os asistentes desfrutarán da obra “A Burra, a Mesa e o pau”.
Esta obra dirixida por Lorena Conde fala sobre o traballo fabril que nos anos 90 invadiu os fogares contado a través dunha familia de clase obreira. Para iso, válese dun ton de farsa e comedia, pensado para un público maior de 12 anos.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-guarda-organiza-unha-nova-saida-ao-teatro-en-santiago-de-compostela/
















