Exposición do Curso de Pintura na Casa dos Alonso
Dende o próximo luns 16 de maio ata o domingo día 22, a Casa dos Alonso, na Praza do Reló (A Guarda), acollerá a Mostra de Pintura 2015-2016. Esta supón o final do Curso de Debuxo e Pintura, unha das actividades ofrecidas durante os últimos catro anos ós guardeses e guardesas dende o Concello.

A exposición, organizada polo propio Concello da Guarda en colaboración coa profesora que imparte o curso, Águeda Suárez, amosará as obras realizadas polo alumnado, tanto nenos e nenas entre catro e dez anos, como adultos. Estas foron realizadas durante o propio curso que tivo lugar no Colexio Manuel Rodríguez Sinde dende o mes de outubro ata este mes de maio.
Nestas clases os alumnos e alumnas puideron traballar e mellorar a súa creatividade, a visión espacial e o dominio do debuxo e a pintura. Todo isto o poderán comprobar os visitantes que acudan á exposición, onde verán todo tipo de obras: pinturas ó auga, ceras, pastel, estampación, óleos e outras técnicas pictóricas.
Deste xeito, todos aqueles que se acheguen entre as 17:30 e as 20:30 horas da próxima semana poderán visitar unha exposición, que remata o domingo 22 coincidindo coa Feira do Libro celebrada na Praza do Reló durante todo o día, e que busca amosar o resultado final dos meses de traballo do alumnado.