(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • “Falemos do Camiño” achega o legado do Camiño Portugués da Costa a veciños e visitantes da Guarda

    “Falemos do Camiño” achega o legado do Camiño Portugués da Costa a veciños e visitantes da Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Patrimonio
    • Date 17 Febreiro, 2020

    O pasado sábado día 15 de febreiro realizouse na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

    Consistiu nunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fixo de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda.

    A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Esta andaina, continúa co ciclo de “xornadas” que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosa o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome “Falemos do camiño”, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.

    Mais actividades

    «O Camiño Aguárdate» continúa na Guarda o vindeiro 13 de marzo coa xornada divulgativa “O Camiño como produto cultural e turístico: oportunidades no desenvolvemento local”, que terá lugar ás 20:00h na Casa dos Alonsos e contarán coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, da Universidade de Santiago de Compostela e emprendedores locais en torno ao camiño.
    O obxectivo desta xornada é o de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila.

    O 27 de marzo ás 20:30h no San Xerome continúan as actividades cunha nova xornada titulada “O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias”, na que se contará coa proxección do documental Santiago´s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.

    No mes de abril pecharase o ciclo de “Falemos no Camiño” coa xornada “Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa”, que contará coa presenza de Grato E. Amor Moreno e Ermelindo Portela Silva, realizarase o 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

    As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

    A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.

    Tag:A Guarda, andaina guiada, camiño portugués da costa, falemos do camiño

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda recoñece os méritos dos seus deportistas na XIII Gala do Deporte
    17 Febreiro, 2020

    Seguinte nova

    O Desfile dos coles da a benvida ao Entroido 2020 na Guarda
    19 Febreiro, 2020

    Tamén te poden gustar

    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025
    • Marta High será a artista principal do Festival de blues A Guarda
      7 Xullo, 2025
    • A Casa dos Alonso acolle unha exposición de figuras metálicas con materiais reciclados
      2 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web