(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Educación

    • Inicio
    • Educación
    • A Feira de Emprego e Formación pecha a súa primeira edición con boa acollida dos participantes

    A Feira de Emprego e Formación pecha a súa primeira edición con boa acollida dos participantes

    • Publicado por prensa
    • Categorías Educación, Xuventude
    • Date 7 Outubro, 2017

    A primeira Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate” rematou esta mañá na Guarda tras tres días cunha intensa programación composta por obradoiros, charlas e mostras orientados ao emprendemento e á mellor empregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo.

    Asistiron unha media de 30 persoas a cada unha das actividades celebradas na Casa dos Alonso durante as mañás e as tardes do xoves e o venres, namentres na mañá de hoxe celebrouse a derradeira charla e unha mostra do tecido empresarial guardés.

    Os obradoiros ofertados, de 4 hora de duración cada un, acadaron o máximo de persoas inscritas durante as xornadas e orientáronse cara a formación dos participantes. Así, os formadores Susana Rodríguez, José Fonterosa e Sonia Fernández aportaron aos asistentes ferramentas útiles e necesarias tanto para emprender como para realizar unha busca efectiva de emprego, tales como a identificacións das posibles fontes de financiamento, as técnicas de marketing dixital (mellora da propia imaxe a da empresa) e a motivación e xestión emocional no proceso a través do coaching.

    As charlas, pola súa parte, caracterizaronse polo seu caracter divulgativo e participativo. Os e as participantes puideron compartir as súas experiencias, opinións e/ou dúbidas respecto de temáticas como as formas de traballo colaborativo,  o emprendemento levado a cabo por mulleres e a creación de empresas de nova xeración, coñecidas como start ups.

    • Bea Campos Inauguración da Feira de Emprego e Formación "ImaxinActívate"
    • Roberto Pérez Marijuan Charla "Motivación para a creación de start ups"
    • Sonia Hernández Obradoiro "Financiamento para emprender, público e privado"
    • Susana Rodríguez Obradoiros de "Coaching e xestión emocional" e "Coaching e emprego"

    Nesta liña, a artesá Eva Carreira deu conta na tarde do venres do bo resultado de combinar a tradición e as novas tecnoloxías, poñendo como exemplo a súa empresa Zoclos, dedicada á elaboración e venda de zocos galegos modernizados e con variedade de deseños.

    O peche desta primeira edición da Feira de Emprego e formación viu esta mañá da man do formador Pablo G. Fortes cunha charla motivacional centrada na importancia da actitude como unha cualidade potenciadora das habilidades persoais e o coñecemento adquirido. Deseguido, dez emprededores locais tomaron o testemuño, coa colocacións de expositores e a celebración dunha mesa redonda. OR.PA.GU, AGA Formación, Xardinería San Xerome Emiliani, Alento, Grupo Arlequín, Redeiras Atalaia, Crespum, SAFIT e a deseñadora gráfica Tamara Baz foron as dez empresas participantes na variada mostra do tecido empresarial guardés, durante a que falaron da súa actividade, o seu modelo de negocio e o desenvolvemento das súas empresas.

    • Persoas emprendedoras da Guarda
    • Mostra do tecido empresarial

    Dada a boa acollida destas xornadas, para as que contamos co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, dende o Concello da Guarda temos a firme vontade de retomar anualente a celebración da Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate”, como maneira de animar ao emprendemento na nosa vila  á empregabilidade das guardesas e guardeses.

    Tag:Feira de Emprego e Formación, ImaxinActívate

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    «Diálogos en Educación» retorna este outono con catro novos faladoiros na Casa dos Alonso
    7 Outubro, 2017

    Seguinte nova

    Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 10 ao domingo 15 de outubro
    9 Outubro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O TocaMúsica ofrece o mellor plan para rematar a tarde con concerto
      3 Xullo, 2025
    • A Guarda entregará os Premios de Educación 2024/25 recoñecendo aos mellores estudantes
      27 Xuño, 2025
    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web