(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda celebra a súa I Mostra Asociativa este sábado na contorna do Centro Cultural

    A Guarda celebra a súa I Mostra Asociativa este sábado na contorna do Centro Cultural

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 25 Setembro, 2017

    O Concello da Guarda celebrará a o próximo sábado 30 de setembro a I Mostra Asociativa, un evento no que se pretende dar a coñecer o tecido asociativo a nivel cultural, deportivo, social e xuvenil que existe no noso pobo.

    Contando con 25 asociacións participantes, o encontro terá lugar no exterior e interior do Centro Cultural entre as 10:30 e as 21:00 horas, onde se celebrarán mostras instrumentais, obradoiros, charlas-coloquio, exhibicións e actuacións -entre outras actividades- coas que se amosará ao público traballo que estas asociacións guardesas desenvolven durante todo o ano. Amais, contaremos cunha zona expositiva, onde os visitantes poderán informarse e mesmo inscribirse nas actividades ofertadas por cada unha das organizacións.

    Programación da festa asociativa

    O evento comezará ás 10:15 horas co pasacalles a cargo de O Trebón dos Xidos e, deseguido, tomarán o testemuño as exhibicións deportivas, coas mostras do Ximnasio Domajó (11:00 h) e a Asociación Studio 88 (11:30 h). A Asociación Érguete Baixo Miño ofertará unha charla-coloquio chegadas ás 12 h, namentres o Centro Deportivo Baixo Miño amosará cunha exhibición as actividades que oferta ás 12:30 horas.

    Xa pola tarde, esta primeira edición da Mostra Asociativa continuará coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira (16:00 h), pertencente á Asociación O Percamino, e a exhibición de baile tradicional e moderno da Asociación Xamaraina (16:30 h). A Asociación Do Lusco ao Fusco, pola súa parte, ofertará un obradoiro de baile tradicional ás 17 h, ao que seguirá a actuación da Asociación Folclórica Vento Mareiro (17:30 h).

    O filme “Sonata para violonchelo”, que se proxectará ás 18 h, é a aposta da Asociación de Enfermos de Fibromialxia do Baixo Miño (Fibromiño) para achegar ao público parte do labor de apoio e información que esta organización desenvolve.

    A tarde continuará coas actuacións do Grupo de corda Antorcha (19:30 h) e o Coro Arpegios Cantabile (20:00 h), namentres outras asociacións celebrarán outras actividades durante o día; así, por exemplo, a Asociación Avelaíña celebrará diferentes obradoiros e a Cruz Vermella instalará a exposición “Familias acolledoras” para o seu desfrute durante a xornada.

    Obxectivo da iniciativa

    Esta primeira edición nace a raíz das reunións mantidas, durante os dous últimos anos, entre o Concello e as asociacións guardesas co obxectivo de fomentar a colaboración e a organización en común de eventos e outras iniciativas que poñan en valor o rico tecido asociativo co que orgullosamente conta a nosa vila.

    Así, a I Mostra Asociativa servirá, por unha parte, como punto de encontro no que compartir experiencias entre as asociacións participantes e, igualmente, para amosar a toda a poboación as posibilidades dispoñibles na nosa contorna para realizar actividades, practicar deporte, compartir experiencias etc, convertendo o encontro nunha festa asociativa cargada de actividades diversas da que poderá participar todo aquel que se achegue ata a mostra.

    Tag:Asociacións, Centro Cultural, Mostra Asociativa

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Concello e OR.PA.GU renden homenaxe ao Pai Merino cunha xornada divulgativa
    25 Setembro, 2017

    Seguinte nova

    A mostra “Sorrisos transformadores” chega á Guarda para visibilizar ao colectivo trans
    26 Setembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025
    • Marta High será a artista principal do Festival de blues A Guarda
      7 Xullo, 2025
    • A Casa dos Alonso acolle unha exposición de figuras metálicas con materiais reciclados
      2 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web