INAUGURACIÓN DO CURSO “SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO” ORGANIZADO POLA OMIX
A formación continúa en horario de 9 a 14 horas na Casa dos Oficios.
O curso “Sementa o teu Futuro: Dinamización de emprego” organizado pola Concellería de Xuventude do Concello da Guarda a través da OMIX inaugurouse a semana pasada coa presencia do alcalde do municipio, Antonio Lomba.
A actividade, na que aproximadamente hai unha vintena de alumnos e alumnas, nace co obxectivo de dinamizar, estimular e orientar á cidadanía para chegar a crear iniciativas que melloren o presente e perfilen un futuro con máis opcións e oportunidades de traballo para cada un deles.
Esta semana, as clases continúan en horario de 9 a 14 horas na Casa de Oficios do Concello. Durante estas xornadas profesores e alumnos seguirán coa formación e marcarán novos obxectivos.
Esta formación ten unha duración dun mes.