Itinerario da Cabalgata e restriccións de tráfico nas rúas próximas
O día 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata dos Reis Magos, cuio itinerario variará respecto aos últimos anos, comezando pola rúa do Porto ás 18:00h e transcorrendo por Concepción Areanl ata a Praza de Avelino Vicente onde terá lugar a Recepción dos Reis Magos, que pode prolongarse ata pasadas ás 20h.

De cara a asegurar a seguridade dos asistentes e a fluidez do tráfico é importante que aqueles que queiran ver pasar a comitiva anticipen a súa chegada e eviten o tráfico polas rúas cercanas á Concepción Arenal, así como respectar as normas de circulación específicas e as indicacións dos axentes e persoal de apoio.

Lembramos, así mesmo, a conveniencia de facer uso das zonas de estacionamento habilitadas en Finca de Fínola, Antigo Estadio do Trega e Terreos da eléctrica.

Ante a posibilidade de choiva, só no caso de que non fora posible realizar a Cabalgata, realizaríase a tradicional recepción no Pabillón Municipal de Deportes.